CANDO SE VAI UN AMIGO.

Manila
CANDO SE VAI UN AMIGO.

Di a canción de Alberto Cortez: " Cuando un amigo se va, queda un espacio vacío…..".

E esa é precisamente a sensación que teño hoxe, e sei que non son eu só, ao despedir un amigo.

Un amigo deses cos que case nunca estás de acordo no punto de vista, un deses cos que sempre teimas en conversas, sen final, para poder seguir noutro día, pero un dos que sabes que sempre está aí, un dos que che ofrecen a súa amizade, mais que familiar, e cos que podes contar, xa sexa para tomar un café, e tentar arranxar o mundo, ou ben para contarlles as túas, e que che conten as súas, penas e preocupacións.

Un amigo ao que botaremos de menos pola súa peculiar e moi especial maneira de comezar as conversas de café (imprescindible dende hai anos), dicíndonos que estivo alí para poñer o orde e o sentidiño do que, segundo el, e a súa retranca, nós, os outros “contertulios”, carecíamos.

Un amigo de esgrima verbal rápida, inxenio agudo e sorriso sempre a punto, igual que a súa disposición para botar unha tertulia en calquera momento.

Pero, sobre todo e antes de nada, un compañeiro, cómplice e confidente. Vamos, un amigo en MAIÚSCULAS.

Déixanos un espazo baleiro, que seguro que encherá por alí onde estea,

Por todo isto, amigo Julio Carrera, "MANILA", non hai brazos suficientemente grandes para mandarche unha aperta ata alá onde te fuches.

Ata sempre amigo, e que a terra che sexa leve.

Odilo e Luis