Carlos Gómez, deixa a portavocía do grupo Popular no Concello

Carlos Gómez
Carlos Gómez, deixa a portavocía do grupo Popular no Concello

En coherencia con esta situación, de non aparecer en ningún dos 23 postos da lista electoral

Tras da publicación oficial da candidatura do Partido Popular de Xinzo de Limia as eleccións do vindeiro 26 de maio, pola que confirmo algo que xa me adiantaran estes días os Carlos Gómezmedios de comunicación, ao respeito de que os responsables Locales do Partido decidiron que a miña presenza nesta candidatura non era oportuna, non so en postos de saída, senón tampouco en calquera outro dos vinte e tres postos da lista; Prescindindo así da miña concorrencia os vindeiros comicios municipais en favor de persoas afines a dirección local e que poidan representala na Corporación 2019/2023, apostando, despois desta convulsa lexislatura por manteñer o resto dos compañeiros e compañeiras do actual grupo de goberno coa única exclusión da miña persoa:
Consecuentemente, e en coherencia con esta situación, tomei a decisión irrevogable, considerando que e un posto de confianza, de deixar a responsabilidade da portavocia do Grupo Municipal Popular que viña desempeñando dende a dimisión do ex Alcalde Manuel López Casas. Para que dito cargo de Portavoz poida ser desempeñado por outro dos compañeiros ou compañeiras que si van na candidatura popular, e que evidentemente están en sintonía coas directrices da dirección local do partido.
Quero aproveitar para reafirmarme no compromiso, de que seguirei traballando dende o Parlamento de Galicia para defender, como fixen ate agora, os intereses dos veciños do Concello de Xinzo e da Comarca da Limia, os dos Ourensáns e de todos os Galegos e Galegas.
Agradecendo, nesta recta final da lexislatura, moi especialmente os dirixentes Comarcais, Provinciais e Autonómicos, así como a militancia e compañeiros do Partido Popular. E a todos os veciños e veciñas de Xinzo, o apoio, respecto e consideración que sempre me teñen manifestado.