viernes 24.01.2020

Discrepo totalmente co grupo de Concelleiros do meu partido. -Carlos Gómez

Tanto na valoración da xestión da Alcaldesa, como no posible apoio a Montse Lama.

 Discrepo totalmente co grupo de Concelleiros do meu partido. -Carlos Gómez

O parlamentario limiao, mostrouse indignado polas declaracións feitas polo líder do grupo do PP no Concello de Xinzo, en que se mostrou conciliador e, ate “admirador”, da xestión da Alcaldesa saínte, así como contrariado pola posibilidade de que o seu partido faga Alcaldesa a Montse Lama de C’s. Sobre este punto dixo: “Tampouco foi para tanto”. Sen mais.

IMG_20190920_205748A seguir e claramente afectado, declarou:  “Síntome excluído  das decisións e declaracións corporativas feitas polo meu grupo político. Deberon consensuar comigo, como parlamentario, e polo tanto membro de un estamento superior ó Concello, tanto as declaracións a facer, como a estratexia a seguir ante unha situación de tal magnitude”.
E sigue comentando: “Síntome ninguneado, non só polos meus correlixionarios, senón polo  propio Concello, polo que tanto fixen desde o meu escano de Parlamentario, incluso defendendo as inversións para os regadíos da Limia, aínda que foran “un pouco” a baixa, polo baile de un cero,  e defendendo a seguridade sanitaria dos “neonatos” da parte sur da provincia, apoiando a difícil decisión sobre o “paritorio de Verín”. “Parece como que non me queiran”. E rematou dicindo: “Ademais son o que mellor sae nas fotos nos actos municipais”.
Sobre o asunto de Montse Lama, presenta tamén as súas discrepancias, e non entende que lle queiran dar mais cariño (e un posto de relevancia explícita) a unha persoa que os deixou “na estacada e os pés dos cabalos” no seu momento, que a el mesmo.