Carta aberta da Comisión do Entroido a Xunta

Carta aberta da Comisión do Entroido a Xunta
O ENTROIDO BUS!!!!
Señores da Xunta de Galicia ; poñennos restriccións de todo tipo e despois unha empresa que recibe diñeiro público, pon un Entroido bus? Se os bares pechan ás 3 e o ocio nocturno as 5, gustarianos saber que vai facer a xente do entroidobus ata as 6 ou as 8 da mañá??
Pidennos coherencia e sentido común a nós pero permiten cousas que non o teñen. Porqué se ten que desmerecer o noso ben máis preciado.
Turistas?? querémosvos claro que SÍ! Pero os que vides a desfrutar da nosa festa dende o respecto e o civismo. Os que vides a compartir con nós o noso sentimento polo Entroido.
Curiosamente, nos Entroido bus, maioritariamente ven outro tipo de turismo, o do botellón, o das pelexas, o de consumir fóra e non recoller, o de destrozar...Ese non o queremos.