sábado 31/10/20

O CDRO “O Viso” convoca o 1º Concurso de Fotografía

Dende onte e ata o 5 de decembro está aberto o prazo para enviar os traballos

“ A nosa xente, as nosas aldeas”. Estes serán os temas a reflectir nas instantáneas para todos aqueles que queiran participar na primeira edición do certame de fotografía  convocado polo CDR “O Viso”.

O premio para o gañador ou gañadora consistirá ademais de ser empregado o seu traballo como tarxeta  de felicitación do centro, dunha cesta de nadal con produtos do Comercio Xusto e mais un fin de semana de estancia  para 4 persoas  no albergue do Pobo do CDR O Viso.

Para coñecer as bases prema aquí.

Comentarios