O CDR “O Viso” convoca o 1º Concurso de Fotografía

Cartel anunciador
O CDR “O Viso” convoca o 1º Concurso de Fotografía

Dende onte e ata o 5 de decembro está aberto o prazo para enviar os traballos

\“ A nosa xente, as nosas aldeas\”. Estes serán os temas a reflectir nas instantáneas para todos aqueles que queiran participar na primeira edición do certame de fotografía convocado polo CDR \“O Viso\”.

O premio para o gañador ou gañadora consistirá ademais de ser empregado o seu traballo como tarxeta de felicitación do centro, dunha cesta de nadal con produtos do Comercio Xusto e mais un fin de semana de estancia para 4 persoas no albergue do Pobo do CDR O Viso.

Para coñecer as bases prema aquí.