16 de octubre de 2021, 14:26
Queremos facernos con esta celebración un recoñecemento por todo o que implica ser muller rural: coidar, soster, unir, querer, traballar, conciliar, dinamizar, estar...e un chamamento á necesidade de coidármonos a nós mesmas nun mundo que cada vez nos esixe máis e máis.
Dentro dos actos organizados un dos máis interesantes foi a visita ao obradoiro do escultor Xosé Lois Carreira en Parada de Ribeira (Xinzo de Limia) para ver “in situ” a última obra do artista limiá "LIMUHE",. Unha escultura dedicada mulleres limiás.
No obradoiro foron recibidas polo artista que lles debullou, polo miúdo, todos os datos referentes a escultura de case sete metros e 150.000 Kg. de peso.