O. Ferreiro
11 de noviembre de 2017, 22:29
O vindeiro día 1 de decembro, o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de LImia acollerá unha "Xornada Intercultural" con diferentes actividades organizada polo CDR O Viso.
O obxectivo é "promover a convivencia entre diferentes culturas".
O obxectivo é "promover a convivencia entre diferentes culturas e combater o sesgo etnocéntrico característico da cultura cristiá", afirman dende a organización do evento.
As actividades consistirán nunha mesa redonda sobre o islam, pintura de henna, degustación de pratos típicos doutros países e músicas do mundo.
Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono indicado no cartaz superior.