lunes 09.12.2019

CDR O Viso pola prevención e sensibilización contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
CDR O Viso pola prevención e sensibilización contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller este 25 de novembro, CDR O Viso amosou publicamente o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia contra a muller.

En mostra de solidariedade e apoio tanto coas mulleres que sofren a violencia de xénero como coas familias e seres queridos destas, dende CDR O Viso desenvólvense diversos actos co obxectivo de concienciar e sensibilizar en contra da violencia machista. A educadora social desta organización visitou o IES Lagoa de Antela e o IES Cidade de Antioquia para levar a cabo dinámicas de igualdade e coeducación co principal obxectivo de facer chegar a súa mensaxe ás mozas e mozos da Comarca da Limia, como a igualdade de oportunidades ou a eliminación de estereotipos.

Por outra banda, encadrado dentro do CDR O Viso, xorde o proxecto AnikíBóbó, coa necesidade de espallar, fomentar e asentar unha verdadeira educación en valores na comunidade. Cunha perspectiva diferente, este proxecto levou a cabo diferentes campañas de sensibilización e prevención como unha reunión de veciños na que se realizou un mural reivindicativo, a visita a diferentes aulas de infantil do CEIP Carlos Casares para educar en igualdade ou un acto aínda pendente en Trasmirás.

AnikiBóbó, cuxo nome inspírase nunha película dirixida polo recoñecido cineasta portugués Manoel de Oliveira, diríxese principalmente á infancia e xuventude, aproveitando as capacidades propias desas idades temperás, loitando pola responsabilidade social e a educación pola igualdade para previr e erradicar e violencia de xénero.

CDR O Viso pola prevención e sensibilización contra a Violencia de Xénero