Cea e Oseira foi a seguinte etapa do Camiño

Alumnado de 6º infantil CEIP CARLOS CASARES-Xinzo no "Camiño"
Cea e Oseira foi a seguinte etapa do Camiño
Os nen@s de 6°de Infantil do CEIP CARLOS CASARES realizamos a terceira etapa do Camiño

O alumnado de 6º de infantil do CEIP Carlos Casares puxéronse outra vez ao “Camiño” para chegar nesta ocasión ata Cea.

0061
0041

Primeiro acudiron ao PAZO DE FONTEFIZ, onde se atopa a asociación BOAGA( Federación de Razas autóctonas de Galicia). Fixeron un percorrido polas diferentes instalacións vendo unha exposición de fotografías de JOSE BAREA.

IMG-20220311-WA0018

Despois desprazáronse ata CEA onde, como non podía ser doutro xeito, visitaron o forno- museo do pan.

Comprobaron ademais o funcionamento dun forno en activo e selaron as credenciais no albergue de Cea.

0061

Xa pola tarde, o “camiño” levounos ata o Mosteiro de Oseira onde foron recibidos por Frai Alfonso que fixo de guía polo Mosteiro.

Unha experiencia inesquecible e única, sinalaron as profesoras que acompañan aos nenos e nenas camiño de Santiago.

0031
0021
0011