viernes 30/10/20

Un cento de persoas participan nas xornadas de prevención da osteoporose na Limia

A Asociación Escola Rural de Saúde promove este taller de saúde

señoras

    A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia puxo en marcha unha actuación para informar sobre a osteoporose. Unha enfermidade que non presenta síntomas e é indolora, por iso os expertos sinalan que é fundamental saber como actúa para axudar á prevención. Este taller de saúde que se desenvolveu en cinco puntos da LImia, fíxose coa intención de dar a conocer unha enfermidade metabólica dexenerativa na que os ósos se volven máis fráxiles e son máis propensos a fracturarse. Ademáis os asistentes puideron experimentar a proba de densidade ósea mirando o nivel de calcio con ultrasons.

Esta campaña da osteoporose desenvolveuse do 23 ó 29 de outubro e foi posible grazas a unha subvención da Deputación de Ourense para o Programa de intervención sociosanitaria e educación integral para a saúde na zona rural. A actividade está promovida tamén por Nutrición Center Prieto e contando con Pablo García Vivanco como profesional de farmacia e ortopedia.

Unhas cen persoas participaron nesta actividade de saúde que foi posible coa colaboración do Concello de Xinzo, o de Trasmiras e Baltar e o Centro Social Parada de Abeleda.

Comentarios