Tres centros residenciais da Limia reciben móbiles, tablets e radio transistores para facilitar aos seus usuarios a comunicación e o entretemento durante o confinamento

150520 Videoconferencias residencias
Tres centros residenciais da Limia reciben móbiles, tablets e radio transistores para facilitar aos seus usuarios a comunicación e o entretemento durante o confinamento
Bande, Vilar de Barrio e Vilar de Santos

Estes dispositivos foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo, La Caixa e Electrodomésticos Domínguez S.L. (Star Electrodomésticos)

Catorce centros residenciais de maiores, atención á discapacidade e de menores da provincia de Ourense recibiron 75 teléfonos móbiles e tablets para facilitar a comunicación dos usuarios cos seus familiares durante as medidas de confinamento que se están a producir durante a emerxencia sanitaria. Ademais, se entregaron 50 aparatos de radio. Todo este material é froito de doazóns solidarias de empresas galegas.

Os dispositivos móbiles, que foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa, serven para manter o contacto entre os residentes e as súas familias xa que esta situación derivada da pandemia provocada polo COVID-19, impide as visitas nos centros residencias desde o pasado 16 de marzo como precaución para conter o avance do virus.

Ademais, nas tres residencias de maiores de titularidade e xestión propia da Consellería de Política Social repartíronse 50 radio transistores doados por Electrodomésticos Domínguez S.L., a través da Vicepresidencia.

150520 Videoconferencias residencias 2A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto coa xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa dirección das residencias de maiores públicas da provincia para escoitar as súas necesidades e para avaliar esta iniciativa da Administración autonómica posta en marcha para a intentar mitigar a restrición de visitas imposta polo decreto de alarma e de emerxencia sanitaria.

Díaz Mouteira indicou que con estas achegas se procura dar solución a unha situación que preocupaba ás persoas que viven nos centros residenciais de servizos sociais e ás súas familias. Aínda que se intensificou o contacto telefónico nestes centros, decidiuse dar un paso máis e facer uso dos avances tecnolóxicos para que poida producirse tamén un contacto visual. Doutra banda, engadiu que coa entrega das radios “aspiramos lograr que os nosos maiores, ademais de informados, estean entretidos coa programación radiofónica que máis lle guste”.

Os centros beneficiados por esta achega solidaria empresarial pertencen aos concellos de Bande, Baños de Molgas, Barbadás, O Carballiño, Castro Caldelas, Larouco, Taboadela, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Vilardevós.

Díaz Mouteira quixo poñer en valor esta doazón de dispositivos móbiles e aparatos radiofónicos xa que é “unha mostra máis da solidariedade que todo o tecido social galego está a amosar nesta pandemia, xa que desde o primeiro momento se puxeron en contacto coa Administración autonómica, para facer chegar a súa axuda”.