CHARLA COLOQUIO SOBRE SEGURIDADE PARA MAIORES

28
CHARLA COLOQUIO SOBRE SEGURIDADE PARA MAIORES

O mércores a partir das 17:00 h na Casa de Cultura de Xinzo de Limia

A Concellería de Servizos Sociais do Concello organiza coa colaboración da Policía Nacional e Garda Civil unha mesa redonda, na que se abordarán as principais medidas que os nosos maiores deben ter en conta para poder previr ameazas, no rural, roubos, estafas etc..
Tamén se utilizará esta xornada para fomentar a confianza das persoas maiores nos corpos de seguridade do estado e como denunciar os posibles feitos delictivos levados a cabo contra este colectivo.