sábado 24/10/20

Os cidadáns da Limia teñen a oportunidade de colaborar na creación do Cátalogo das Paisaxes de Galicia

O mércores ten lugar un taller aberto á participación cidadá

limia

    O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia xunto coa Universidade de Santiago de Compostela,convocan un taller para a creación do Catálogo das Paisaxes de Galicia. A idea é que os cidadáns participen aportando a súa experiencia e coñecemento sobre as chairas, fosas e serras da Limia. Así coa participación pública, o equipo técnico recolle información sobre áreas de interese paisaxística para a redacción do catálogo co fin último de determinar os tipos de paisaxe que temos na nosa comunidade. 

A información aportada polos veciños será tratada ó mesmo nivel que a dos técnicos e expertos cos que contan dende a iniciativa Somos Paisaxe. 

Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo na tarde do mércores 21 dende as 16h ata as 19h. Poden confirmar asistencia enviando un correo a [email protected], indicando nome e teléfono de contacto. 

O obxectivo destes talleres que se imparten por toda Galicia, é que a poboación local aporta as súas valoracións, preferencias e opinións sobre a paisaxe cotiá da súa zona.. Deste xeito o catálogo contará coa opinión de primeira man de quenes habitan nos lugares seleccionados para o proxecto final. 

Toda a información sobre esta iniciativa pódena atopar en somospaisaxe.org/catalogo-paisaxes/

 

Comentarios