viernes 23/10/20

O CMUS abrea a matrícula para o curso que ven ata o 29 de xuño

Esta semana remataron o curso que o profesorado califica de atípico

333333

Nesta semana e ata o día 29 de Xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2020/2021. Todo aquel que estea interesado poderá informarse no teléfono 600435655 ou no correo do conservatorio  [email protected] , en Facebook @cmus.xinzodelimia e na páxina web do Concello de Xinzo de Limia.

CURSO DIFÍCIL E ATÍPICO

Os alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo rematan nesta semana o presente curso, un curso atípico e difícil que nos tocou vivir, para o que ninguén estaba preparado.

Con todo, o curso no Conservatorio seguiu o seu ritmo dun xeito moi diferente durante todo o confinamento. Durante estes meses os correos e WhatsApp, estiveron cargados de melodías que circulaban entre as casas dos alumnos e o profesorado. As clases remataron na primeira semana xunto coas últimas entregas de traballos para despois tocarlle ós profesores avaliar e poñer as notas. Hai mozos e mozas que aínda están cos últimos repasos xa que nesta semana teñen as probas de acceso a Grao Profesional.

Este curso, dado que as condicións sanitarias non o permitiron, non se puido celebrar o concerto que con tanta ilusión preparamos alumnos e profesores todos os anos, pero aínda así decidimos que esta situación non podía desanimarnos. Así que a partir do día 12 de xuño, día que estaba programado o concerto, comezamos a desfrutar da versión online todos os días nas redes do Conservatorio.