A comedia galega, triunfa en redes tras dous festivais internacionais, unha estrea, unha gala de alfombra vermella e unha pandemia.

Os tempos mortos do Führer
A comedia galega, triunfa en redes tras dous festivais internacionais, unha estrea, unha gala de alfombra vermella e unha pandemia.

Este pasado venres estreouse na plataforma de Youtube a webserie ourensá. Tras un ano de espera, por fin se desvelou o misterio que gardaba Héctor M. (actor): Que facía Hitler cando non estaba exterminando xudeus? A resposta a esta incógnita respondeuse de curiosas formas: viuse a un Hitler imitando a P. Picasso, de reunións con orientais de Muros ou mesmo ao dictador baixo os efectos do licor café. Caras tan coñecidas no audiovisual nacional como a de Elena Seijo, interprentando a nai do personaxe, deixaronse ver nos capítulos. O director Daniel R. confirmou que o obxectivo principal desta creación estase a cumprir, “Que as persoas se esquezan un anaco dos problemas tras o vivido durante a pandemia”.

De primeira man coñécese que os resultados de audiciencia, despois da primeira fin de semana dispoñible, son positivos. Arredor de mil reproducións en tan só dous días. “Se obtemos estes resultados significa que estamos a facer o traballo ben”, unhas cifras que sorprenden e que incentivan ao equipo a seguir. Dende o equipo afirman que están analizando a posibilidade de participar en festivais autonómicos e nacionais. Aclaran que non van perder a oportunidade de amosar o seu traballo en territorio extranxeiro nin tampouco compartir a súa lingua.

A produtora Conxuro Produción encargada deste proxecto, comenzou en setembro coa fase de explotación e distribución. O equipo levou un ritmo frenético de traballo. Tres acontecementos foron os antecesores ao lanzamento en redes: a presentación no FIC Vía de Verín, a estrea no Ourense Film Festival e o evento de cine en Xinzo de Limia. Agora o debut para todos os públicos. O persoal segue en constante traballo cos medios de comunicación. Esta semana tiveron dúas entrevistas, unha para radio local e outra para televisión.