martes 11/8/20

Os comentarios por WhatsApp pódenlle costar caro a unha veciña de Xinzo

Tivo que declarar o pasado 24 ante a Garda Civil

Os comentarios por  WhatsApp pódenlle costar caro a unha veciña de Xinzo

A  nota oficial enviada pola garda civil,  di que tomou declaración o pasado 24 de Marzo ás 22:20 a veciña  D.J.G de 31 anos como presunta autora dun delito de inxurias tras difundir por WhatsApp un comentario no que afirmaba que a nora fora a que lle transmitira o virus a veciña falecida, e que ela mesma (a nora) estaba contaxiada, sendo isto totalmente falso, posto que a persoa que puxo a denuncia non está  sufrindo contaxio.