domingo 20/6/21

Comezaron as festas en Morgade

A actuación da cantante Esmeralda, gañadora da última edición de Luar e o campionato de tute foron os pratos fortes do primeiro día das festas  no pobo de Morgade do concello de Xinzo

campionato tute Morgade
campionato tute Morgade

Mañá domingo, día grande,  comezará coa procesión e misa solemne na honra da patroa acompañada pola charanga XL. Pola  serán e noite será a orquestra Principal a que se fará cargo da animación musical.

1º CAMPIONATO DE TUTE

bar as portadas de morgade

Na noite do venres celebrouse na TABERNA DAS PORTAS, o primeiro campionato de tute por parellas que espertou moito interese sobre todo polas parellas foráneas.

A parella que mais expectación levantou entre o moito público asistente  acabou eliminada na primeira rolda despois de tres “sets” e de “morte súbita por unas cuarenta, no último sete,sete”

O trofeo de campións acadárono  a parella formada por Carlos e Justo ,vellos coñecidos da afección, que chegaron a final, non sen antes ter que desfacerse, como é lóxico dos que ían quedando no campionato.

O trofeo de consolación sen embargo levouno a parella local capitaneada por “Xe”, cabeza de lista, pero que despois de ser favorecidos na sorte ,pasando a segunda rolda sen xogar, non acadaron a posición que eles esperaban, entregándolle a organización o trofeo de consolación.

Comentarios