Comezaron as festas en Morgade

campionato tute Morgade
Comezaron as festas en Morgade

A actuación da cantante Esmeralda, gañadora da última edición de Luar e o campionato de tute foron os pratos fortes do primeiro día das festas no pobo de Morgade do concello de Xinzo

Mañá domingo, día grande, comezará coa procesión e misa solemne na honra da patroa acompañada pola charanga XL. Pola serán e noite será a orquestra Principal a que se fará cargo da animación musical.

1º CAMPIONATO DE TUTE

bar as portadas de morgade

Na noite do venres celebrouse na TABERNA DAS PORTAS, o primeiro campionato de tute por parellas que espertou moito interese sobre todo polas parellas foráneas.

A parella que mais expectación levantou entre o moito público asistente acabou eliminada na primeira rolda despois de tres \“sets\” e de \“morte súbita por unas cuarenta, no último sete,sete\”

O trofeo de campións acadárono a parella formada por Carlos e Justo ,vellos coñecidos da afección, que chegaron a final, non sen antes ter que desfacerse, como é lóxico dos que ían quedando no campionato.

O trofeo de consolación sen embargo levouno a parella local capitaneada por \“Xe\”, cabeza de lista, pero que despois de ser favorecidos na sorte ,pasando a segunda rolda sen xogar, non acadaron a posición que eles esperaban, entregándolle a organización o trofeo de consolación.