A COMISIÓN DE FESTAS XA TEN “NOMES PROPIOS”

Comisión festas 2015
A COMISIÓN DE FESTAS XA TEN “NOMES PROPIOS”

Xa hai responsables de que as festas de Sta. Mariña salgan adiante

Riki, Sieiro, Suso, Cristian, Julio, Parente e Ivan foron os \“voluntariosos\” que se puxeron a fronte das festas patronais 2015. Ademais dos alí presentes o Concelleiro Luis M, tamén deu os nomes de Toño Rguez, Benito Casado e Luismi os outros membros que non estando presentes na convocatoria, si anunciaron a súa intención de pertencer a mesma.

Alí mesmo se elixiu Presidente da Comisión, que recae una persoa de Ricardo Sieiro.

A Convocatoria, volveron a acudir algún concelleiro da oposición, menos que na primeira, pero volveuse repetir a escena de que a hostalaría de Xinzo, non quere saber nada das festas.

O Concelleiro volveu a repetir a achega do Concello de arredor de 10.000 € e a colaboración do persoal da brigada para traballos de intendencia das propias festas.

APORTACIÓN 20€

Como primeira decisión da comisión apuntouse a que terían que tomar a decisión de cal sería a aportación dos establecementos, sobre todo hostaleiros, segundo o seu tamaño e a súa situación, para que todo o mundo seica a petición.

A Aportación de 20 € non vai a ser a que soliciten a estes establecementos, se non que segundo puido saber dendealimia, esta foi a aportación que deu o ano pasado un establecemento hostaleiro da Praza Maior de Xinzo.

Si a cousa segue por estes camiños habería que plantexarse seriamente pensar en que as festas non lle importan a ninguén.