lunes 28/9/20

A comisión de goberno de Xinzo solicitará a Consellería que manteña o ciclo medio de X.Administrativa

Apoia desta maneira por unanimidade unha moción do grupo XA

A comisión de goberno de Xinzo solicitará  a Consellería que manteña o ciclo medio de X.Administrativa

Na última sesión da comisión de goberno do concello de Xinzo aprobouse por unanimidade apoiar unha moción presentada polo grupo da oposición Xa, referente a exixir a Consellería de Educación que non leve a cabo as súas intencións de reducir un ciclo medio no IES Cidade de Antioquía.

A Consellería comunicou a finais do mes de maio a súa intención de suprimir para o curso 2015/16 o ciclo medio que se viña impartindo en Xinzo, aludindo falta de matrícula.

Dendealimia, naquel momento xa se puxo en contacto co director do centro, o cual dicía que efectivamente a matrícula para o curso que ven era baixa, pero isto pode cambiar en anos vindeiros, como xa ocurriu en épocas pasadas con outros ciclos educativos.

Comentarios