O concello non pode contratar a ninguén si o seu pago non ven dunha subvención dunha entidade pública, Xunta, Deputación ou Goberno Central

Luis M. Gil concelleiro de Deportes e Educación
O concello non pode contratar a ninguén si o seu pago non ven dunha subvención dunha entidade pública, Xunta, Deputación ou Goberno Central

De momento estamos a espera de que a Deputación Provincial poida aumentar a aportación que concedeu de 17.000€

O concelleiro de deportes e Educación, quere facer unhas aclaracións con respecto a situación que se está vivindo no conservatorio de Xinzo. El leva máis de dúas semanas traballando e falando cos profesores e coa presidenta da ANPA.

Non entende que o concelleiro Sr. Pérez Campos presente un \“documento\” onde aparecen 9 profesores cando el ben sabe que nós temos seis profesores fixos descontinuos, e o resto ata que se aprobou o plan de axuste, que foi votado por todos,podíamos facelo pero a partir dese momento non podemos.Aparecen nos presupostos deste ano porque ata xuño si estiveron traballando. A partir deste ano soamente en servizos imprescindibles se pode contratar e precisamente, o conservatorio non esta nese apartado.

Entendo moi ben ós pais e nais, pero hai cousas que nin os políticos con boa vontade e moitas gañas podemos facer.

Neste intre estamos a espera da contestación da Consellería de Educación, despois da visita feita polo noso alcalde, e por último que a Deputación Provincial poida aumentar a subvención de 17.000€ que nos deu a semana pasada. Eu estou esperanzado.

Xa dei orde de que a cuota que había que pasar este mes non se faga, porque realmente as clases non se puideron dar ó 100%. Quixera facer constar o esforzo de todo o profesorado do conservatorio que están facendo todo o que poden dentro do seu horario, e cónstame que tamén fóra del.

Tamén apunta o concelleiro Luis M. Gil que da totalidade do alumnado o 66% pertencen ó noso concello e o resto a todos os do sur de Ourense, Verín, Monterrey, Allariz, Celanova e ata de Chaves.

O conservatorio \“superior\” de Xinzo é o servizo non esencial con mais déficit.

Xinzo podería subvencionar a cada alumno con 1.000 € e que fora a estudar a Ourense. Sairíanos moito mais barato .Xa nos puxemos a falar cos outros concellos e non queren saber nada do tema, pero neses concellos non teñen conservatorio e non lles importa.