martes 21/9/21

“O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA NO FIC VÍA XIV DE VERÍN GRAZAS Á WEBSERIE OURENSÁ”

Será unha das primeiras veces que o Concello de Xinzo de Limia terá representación no Festival Internacional de Curtas de Verín cá webserie “Os Tempos Mortos do Führer”.

Héctor Martínez e José Manuel Mao
Héctor Martínez e José Manuel Mao

Como defende a produtora, “Os Tempos Mortos do Führer non podía perder a oportunidade de participar nun festival de tal calibre”. O martes día sete de setembro ás cinco da tarde o proxecto participará como unha actividade complementaria. Proxectarase o Making Of Oficial da webserie así como a realización dunha mesa redonda con varios membros  do equipo e da produtora onde falarán e debatirán unha serie de cuestións en relación co proxecto. O FIC Vía XIV de Verín dará comenzo este venres día catro e prolongarase ata o doce de setembro en dita localidade. Esta será a súa VI edición.

Adolf Hitler e Hans FranzMoitas foron as persoas que mediante as propias redes da webserie contactaron cá produtora para preguntar como podían asistir e non perderse este pequeno adianto do proxecto. Grazas a continua información que se xeneran nos perfís do Hitler galego, explicábase a posibilidade de reservar a entrada no propio Auditorio de Verín ou ben realizando a reservar vía telefónica. Sen dúbida algunha sí que é verdade que teñen un “Exército” de fans moi fieis e que están desexando ver por completo esta parodia que tanto chama a atención.

O patrocinio do Concello de Xinzo de Limia acordado no mes de maio, foi unha das claves para a realización do proxecto. Tempo despois como xa viña anunciando a produtura Conxuro Produción, comezaba unha etapa de post produción, explotación e distribución. Coa edición e montaxe a piques de rematar, iniciase un proceso de aparicións en diferentes festivais e eventos.

Sen querer anticipar máis información con respecto a distribución da webserie, a produtora garda hermeticamente cal será o seguinte paso e aseguran que se estivo traballando durante os meses de verán para estar a altura do que se rodou no Pazo Casa Grande de Soutullo (Coles) no mes de maio.