miércoles 5/8/20

Concerto íntimo dos limiáns Habitación Vudú

Noite de 28º perfecta para escoitar música da terra

IMG_20200717_235625
IMG_20200717_235625

Cun amplo aforo e coas medidas de seguridade e hixiene totais comezou onte a noite o Limia Sonora 2020 coa actuación de Habitación Vudú. O aforo realmente, tal e como manifestaba o líder do grupo non era moi amplo, pero si moi selecto.

IMG_20200717_233900

Elvira Lama e Luis M. Gil en primeira fila e debidamente separados

Despois dun pequeno repaso polas súas cancións máis coñecidas pasaron a presentar as novas composicións e o público asistente comezou a participar coas palmas, posto que como manda o protocolo, todos os presentes tiñan que estar sentados.