Concerto de primavera na casa de Cultura de Xinzo

187
Concerto de primavera na casa de Cultura de Xinzo

Participaron a Agrupación Musical da Limia e a Esola de Orquestra Sinfónica CMUS Mayeusis de Vigo.

Comezou o concerto, a banda invitada dirixida por Diego Rodríguez Caride, que se fixo cargo da mesma fai un ano e conta con 50 músicos músicos, tendo un hándicap na sección de metais, que aínda está escasa a formación. A orquestra está asentada en Vigo capital, da zona do arenal.

A orquestra e materia oficial dun conservatorio totalmente privado para alumnos de 12 a 17 anos.

En Xinzo interpretaron Piratas del Caribe, “Fantasía”, unha obra con solista , continuaron coa interpretación da banda sonora de El rei León e para finalizar Gimme! Guimme! De ABBA, que segundo comenta Diego, nunca falla.

186

Tocoulle a quenda despois a Agrupación Musical da Limia que dirixe dende fai anos José Luis Tielas. Parte do repertorio consistiu en duas pezas especiais. A primeira “Apertura Lupiciana” será a peza obrigatoria no próximo concurso internacional de bandas de Benavente, onde competirán con 12 formacións musicais de España ,Portugal e Francia.188

Como peza libre, levarán a obra Pilatus de Estiven Reineke. Baseada nunha lenda no Monte Pilatus na vila de Lucerna onde os veciños vivían atemorizados por un dragón. Todo o pobo ¡decidiu ir a matalo, pero o dragón acabou con todos, menos un. Este último suplicoulle ao dragón para que non o matase e meso produciuse algo como o de que o dragón apiadouse, sentimento que non se concibe nas feras. O dragón efectivamente apiadouse del e cunha pedra máxica sanou a todos os feridos e dende eses momento todos viviron en harmonía.

Para finalizar o concerto ofreceron dúas pezas totalmente coñecidas nas que o público asistente participou coas súas palmas.

Esta formación terá a partir de hoxe mesmo que se trasladan a Coles unha serie de actuacións fora da Limia . O próximo 5 e maio actuarán no auditorio de Verín.