jueves 09.07.2020

Conseguido o ciclo de Producción agropecuaria no IES Cidade de Antioquía

A chegada da rama agraia á FP de Xinzo é “unha boa noticia para a comarca” e “garantía futura dunha agricultura moderna e sostible”, afirma Elvira Lama

IES-Cidade-de-Antioquia
IES-Cidade-de-Antioquia

O IES Cidade de Antioquía implantará durante o próximo curso un ciclo medio de formación profesional dual de produción agropecuaria, que compaxinará as prácticas remuneradas en empresas da comarca coa formación no centro educativo, case a partes iguais.

O 46% de horas será de prácticas nas empresas da zona

 Así, o 54% da duración total do ciclo, que será bianual, transcorrerá no IES, mentres que o 46% restante da formación desenrolarase en empresas do sector agropecuario da comarca, unha das máis importantes de Galicia neste ámbito.

É por elo que dende o goberno local de Xinzo consideran que “para unha comarca de gran produción agrícola esta é unha moi boa noticia para o futuro de moitos mozos e mozas que poden ver completada e ampliada a súa formación para incorporase con garantías de éxito a unha agricultura moderna e sostible”, en palabras da alcaldesa, Elvira Lama.

La Formación Profesional agraria é unha novidade no IES Cidade de Antioquía, moi demanda durante os últimos anos e dende moi diferentes ámbitos. No centro si contaban cun ciclo de FP forestal de grao medio e superior, pero non coa rama agraria.

O prazo de matrícula comeza o día 25 de xuño e remata o día 8 de xullo. Posteriormente, levarase a cabo unha selección, xa que o número de prazas é limitado.