miércoles 28/7/21

A CONSELLERÍA DE CULTURA E A FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ ASINAN UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN EN 2015 DE ACTIVIDADES ARREDOR DA OBRA DE CURROS ENRÍQUEZ

O venres, 10 de xullo de 2015 procedeuse á sinatura dun convenio de colaboración

Sinatura convenio Consellería Cultura e Fundación Curros Enríquez (2)
Sinatura convenio Consellería Cultura e Fundación Curros Enríquez (2)

O venres, 10 de xullo de 2015 procedeuse á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e para o mantemento da Fundación. O acto tivo lugar no patio da Casa dos Poetas en Celanova, casa familiar de Manuel Curros Enríquez, ás 12.30 horas.

Sinatura convenio Consellería Cultura e Fundación Curros Enríquez (1)A programación incluída neste convenio inclúe a organización ó longo do ano 2015 do programa escolar “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio”, roteiros culturais por Celanova e os seus arredores, viaxes culturais a espazos literarios, a entrega do XXI Premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’, ludotecas para os máis pequenos, presentacións de libros e audiovisuais, exposicións, visitas teatralizadas nocturnas polo Mosteiro de Celanova, así como diversos proxectos nos que se traballará sobre a obra de Méndez Ferrín, a reorganización e posta en marcha da Ruta Currosiana ou a creación dun premio de xornalismo.

A continuación realizouse unha visita guiada á Casa dos Poetas da man do Presidente e do Secretario da Fundación Curros Enríquez ó Conselleiro, Román Rodríguez González,  que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Cultura, o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, a Xefa Territorial da Consellería de Cultura en Ourense, varios patróns da Fundación Curros Enríquez, como o deputado Antonio Mouriño, Xosé Benito Reza e Jose María Rodríguez.

Finalmente inaugurouse no segundo andar da Casa dos Poetas a mostra ‘Carlos Casares e a fotografia’ organizada pola Fundación Carlos Casares e representada nesta ocasión por Javier Casares e Gustavo Adolfo Garrido García. A mostra de 32 fotografías realizadas por Carlos Casares durante as súas viaxes e do seu entorno familiar poderá visitarse ata o mes de setembro en horario de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.

Comentarios