jueves 27.02.2020

Un contacontos chegou ao “Rosalía” da man da CHMS

Anxo Moure puxo en escena ante todo o alumnado de infantil e primaria  “O Barqueiro dos ríos”,

Un contacontos chegou ao “Rosalía” da man da CHMS

A Confederación do Miño-Sil desenvolve unha proposta de educación ambiental en distintos centros das provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo. Mediante diversas actividades, promóvese que os nenos tomen conciencia do coidado do río e da auga, así como do recursos que teñen ao seu dispor.

Hoxe, día 7 de febreiro, todo o centro do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia recibiu ao contacontos Anxo Moure con “O Barqueiro dos ríos”, dende os rapaces de 3 anos ata os de 12.  Esta actividade estivo ofertada polo propio Moure dende a Confederación do Miño-Sil e a súa financiación recae na súa totalidade na confederación hidrográfica. Así mesmo, o Concello de Xinzo tamén amosou o seu apoio coa presenza da alcaldesa, Elvira Lama.

1

Durante a actividade tratáronse temas próximos ao río Limia, entre outros. A través do uso de personaxes tanto reais como ficticios, Anxo Moure creou historias para que os máis pequenos aprenderan xogando, dunha forma plenamente participativa.

2En palabras do director do colexio, “todos os nenos e o profesorado quedaron encantados”. Con esta actividade de concienciación sobre a importancia dos recursos da Limia a través de contos e cantigas, involúcrase a todos os rapaces. Desta forma, foméntase unha educación ambiental máis ampla, coa que se incentivan actitudes respectuosas co medio que nos rodea.
Un dos dous momentos máis satisfactorios do tempo que levo de lexislatura
Elvira Lama, que estivo presente nunha das interpretacións do contacontos manifestou a saída que, este tempo que votei entre os rapaces foi un dos que máis satisfacción me produciu, xunto coa visita que fixo tamén cos rapaces e rapazas ao abrazo do Limia en Pontedelima no tempo que levamos de lexislatura,  casualmente sempre en compañía de cativos.