miércoles. 06.07.2022

Continúan abertas as inscricións para o curso de incorporación á actividade agraria en gandeiría extensiva organizado polo GDR Limia - Arnoia

Ten unha duración de 100 horas, das cales 50 son online e as outras 50 presencias que se impartirán no concello ourensá de Xunqueira de Ambía
Foto cedida
Foto cedida

Continúan abertas as inscricións para o curso semipresencial de incorporación á actividade agraria en gandeiría extensiva organizado polo GDR Limia-Arnoia e que comeza o vindeiro luns, 23 de maio. O curso ten unha duración de 100 horas; das cales 50 son online e as outras 50 son presenciais.

242
Módulos do programa

Divídese en 3 módulos independentes entre sí no que se tratarán temas como a agrotecnoloxía, a produción de forraxes e alimentación de gando e o manexo do gando e a produción de carne. Para obter a certificación do curso, emitida pola Consellería do Medio Rural, é necesario superar a parte online e asistir ao 100% das clases presenciais que se impartirán no concello ourensá de Xunqueira de Ambía. A parte online realizarase a través do campus virtual do Sindicato Labrego Galego ao que se poderá acceder as 24 horas do día dentro das datas do curso. Na seguinte ligazón pódese consultar o programa completo do curso: https://www.limia-arnoia.gal/wp-content/uploads/2022/05/cursoactividadeagraria.pdf

As inscricións deberán realizarse antes do 20 de maio a través deste enlace: https:// bit.ly/3kMJe7q. As persoas interesadas pode obter máis información no 988 688 779 ou no enderezo electrónico [email protected]