sábado 26/9/20
Tráfico

Control de tráfico hispano-luso mañá na A-52

A Grada Civil española e a GNR portuguesa estarán facendo un control completo mañá día 14 na A-52. 

Grada Civil nun control.
Grada Civil nun control.

No marco do acordo de colaboración entre a Garda Civil española e a Guarda Nacional Republicana do Portugal, mañá día 14 de decembro realizaranse controis móviles conxuntos en varios puntos da nosa xeografía. Entre eles está previsto que se organice un dispositivo de control de tráfico no punto kilométrico 183 da A-52 en dirección Benavente. Este punto coincide dentro do término municipal limián de Trasmiras.

Segundo informan fontes de ámbolos dous corpos de seguridade viaria, o control será de carácter completo (alcol, drogas, velocidade...). A acción realizarase entre as 9 e as 13 horas da mañá.

Xa non é a primeira vez que as dúas institucións de seguridade –a española e maila lusa– se coordinan para estas accións conxuntas en Galicia.

Comentarios