A coordinadora de Civitas e Esquecemento segue traballando a "destajo"

195
A coordinadora de Civitas e Esquecemento segue traballando a "destajo"

O venres pasado celebrouse a 4ª reunión da Coordinadora de Civitas Limicorum.

ASINADOS OS DOCUMENTOS OFICIAIS DO TRASPASO DE MEMBROS DA DIRECTIVA

Despois da aprobación da acta anterior analizouse a situación da documentación oficial que houbo que facer para o traspaso de membros da xunta directiva anterior, aínda que como indicaron na asemblea xeral, estes nomes son meramente de carácter oficial. O luns levaranse a Xunta para legalizalos. Tamén xa se cambiarán os administradores da asociación nas contas bancarias.

SOLICITAREMOS MAIS IMPLICACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO

A festa para que saia \“medianamente ben\”, como o ano pasado ten un custe de 22000 € , e realmente temos poucas maneiras de conseguilo. O que lle queremos transmitir nunha reunión solicitada ao Concello para a semana que ven é unha maior implicación económica, posto que o que xa está demostrado despois de 17 anos, é que esta é a segunda festa en importancia para a vila, despois do Entroido. A Santa Mariña, ten un presuposto de 45.000 € e nos pretendemos que o Esquecemento sexa considerara festa do Concello.

O Esquecemento trae a Xinzo durante os tres días mais de 500 persoas implicadas directamente e arredor de 10.000 visitantes. Os cales tentaremos de que participen mais activamente na festa, como ocorre na da Istoria.

O NOSO OBXECTIVO E FACER INVERSIÓNS PARA O FUTURO

A nosa idea para este 2017 e facer un plan de inversión que queden para anos vindeiros. En primeiro lugar faremos un plan de riscos contra incendios e de emerxencia, para que se poida , outra vez, facer lume no campamento e poder usar tamén a palla para as casetas.

SACAR A CONCURSO O BAR DO CAMPAMENTO E OS POSTOS DE ARTESANÍA

Xa está preparado o prego de condicións para sacar a concurso o bar do campamento cun prezo de saída de 750 €, pero non solo se adxudicará pola oferta económica a alza, se non tamén se terán en conta que sexa da vila, a súa traxectoria na hostalaría e a creación de postos de traballo meses tres días.

A dúas convocatorias abriranse o 1 de xuño e estará aberta ata os primeiros días de agosto.

Pretendemos facer algún cambios na estrutura do campamento para que os visitantes vexan un verdadeiro campamento castrexo \“mais caótico, dentro dunha orde\”.

XA HAI ROMANOS SUFICIENTES

Este ano, posiblemente, non haberá que \“obrigar\” aos novos inscritos, como sucedeu na edición pasada de apuntarse como romanos. Este ano xa se anotaron 4 grupos novos, co que probablemente xa sexan suficiente.

ASEMBLEA O VENRES 26

A próxima asemblea xeral será o 26 as 20:30, aínda sen lugar decidido, para que esta asemblea aprobe todos os acordos da coordinadora xeral de Civitas e Festa e as novas propostas que seguramente se levarán a mesma.