martes 11/5/21

A Cruz Vermella de Xinzo organiza un taller de pintura destinado a maiores de 65 anos

As clases darán comezo a partir do mes de marzo

    Os máis maiores teñen a oportunidade de por en funcionamento a súa creatividade a través do taller de pintura que organiza a Cruz Vermella. Baixo o nome de "Pintemos de cores os xoves", os veciños e veciñas de máis de 65 anos poderán participar nestas clases que empezarán a partir do 3 de marzo.

vermella

O horario será tódolos xoves ás 16h na Oficina da Cruz Vermella en plena Estación de Autobuses de Xinzo, no edificio de Servizos Sociais. 

O curso de pintura é gratuíto pero precísase de inscrición previa que pode facerse achegándose á súa sede ou chamando ó 988 462 541.

Os expertos sinalan que a pintura é un xeito de fomentar a estimulación cognitiva, sensorial ou de xeración de ideas. Do mesmo xeito este tipo de actividades en grupo é unha forma de que os máis maiores incrementen as súas relacións sociais e melloren o seu estado de ánimo xa que se senten activas. 

A maiores deste novo taller, na Cruz Vermella impártense outras actividades como ganchillo ou animación á memoria tamén dirixidas a persoas de máis de 65 anos. 

Comentarios