Curso de formación Dixital

58719944_2191967184226235_3109488431755952128_o
Curso de formación Dixital

Impartirase no CIX da Limia do CDR O Viso nas próximas semanas

O CIX da Limia do C.D.R. O Viso nas próximas semanas ten programado un curso de Formación Dixital dirixido a persoas desempregadas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre as novas tecnoloxías para a súa vida cotiá e/ou para o ámbito do emprego.

58719944_2191967184226235_3109488431755952128_oAs persoas que queiran solicitar a súa participación deberán de pasar polas nosas dependencias ubicadas na Rúa Ladeira, 21 – baixo en Xinzo de Limia onde se manterá unha breve entrevista analizando as súas demandas e valoración o seu uso e manexo das novas tecnoloxías. Posteriormente, fixarase unha reunión inicial co grupo participante de cara a acordar uns obxectivos e unha temporalización desta formación, horarios, etc. O número máximo de persoas participantes é de 12.

Esta actuación está financiado ao abeiro da:

Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), DOG nº 121 del 26 de junio de 2018