Curso intensivo de desfibriladores semiautomáticos externos en Xinzo

224
Curso intensivo de desfibriladores semiautomáticos externos en Xinzo

Será o venres, día 1 de xullo, a partir das 9:00 hroas da mañá. Estará impartido pola Cruz Vermella de Xinzo.

O vindeiro 1 de xullo, en horario intensivo –9:00 - 13:00 e 15:00 - 19:00 horas– terá lugar un "curso de manexo do desfibrilador semiautomático externo" con credencial oficial posterior.

Neste curso abordaranse contidos elementais e habilidades necesarias para poder facer fronte, dunha maneira efectiva e segura, ao manexo do aparello DESA ante situacións de emerxencia.

Para se inscribir e obter máis información é preciso achegarse á oficina da Cruz Vermella de Xinzo na Estación de Autobuses ou a través do teléfono 988 46 25 41.