CYCLOPEUS, será o proxecto de balneario en Portoquintela (Bande)

Infografía 1 do proxecto gañador
CYCLOPEUS, será o proxecto de balneario en Portoquintela (Bande)
Marta Trigás Arias, Xavier Boted Campderrós e Albert Saboya Cabestay, que presentaron a súa proposta baixo o LEMA: CYCLOPEUS, foron os seus autores

Fai uns meses o concello de Bande, sacou a concurso público a redacción dun proxecto para por máis en valor o tesouro que se agocha en Portoquintela a escasos 300 mt. de Aquis Querquennis onde existen unhas termas que se utilizan para os baños medicinais, e dos que saben moito os veciños da Limia Baixa.

CONCURSO DE IDEAS

20221222_150612

O Concello sacou a concurso público a realización de ideas para darlle outra “categoría” non solo as propias termas, se non tamén ao entorno.

Ao concurso presentáronse preto de 20 proxectos de distintos estudios arquitectónicos de toda España e no día de onte o concello de Bande deu a coñecer a proposta gañadora que lle fixo o xurado escollido para levar a cabo esta idea.

Conforme á proposta realizada polo Xurado, os gañadores do primeiro premio, cunha dotación de 6.000€, son: Marta Trigás Arias, Xavier Boted Campderrós e Albert Saboya Cabestay, que presentaron a súa proposta baixo o LEMA: CYCLOPEUS. A excelencia da proposta reside na claridade da organización do espazo, así como a integridade no uso dos materiais cunha linguaxe arquitectónica coherente coas condicións do entorno. Así mesmo concedéronse un 2º premio e 2 accésits valorados en 6.000€ en total, así coma unha mención especial do xurado, sen contía económica.

Infografía 2 do proxecto gañador
Infografía 2 do proxecto gañador