viernes 5/3/21

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense reúnese con representantes da hostalería

Anuncioulle  a nova liña de axudas na que traballa a xunta pola covid 19Na provincia de Ourense, 931 negocios de hostalería accederon a axudas que suman 3 millóns de euros. O número de solicitudes presentadas foi de 1.068 (pagouse o  87,1% das solicitudes presentadas)

140121 Reunion Hostalería 1
140121 Reunion Hostalería 1

Na provincia de Ourense, 931 negocios de hostalería accederon a axudas que suman 3 millóns de euros. O número de solicitudes presentadas foi de 1.068 (pagouse o  87,1% das solicitudes presentadas).

140121 Reunion Hostalería 2O Goberno galego xa está a traballar nun segundo plan de rescate cunha liña específica  de apoio  á hostalería, e propón ás deputacións e concellos que se sumen ás axudas da Xunta para crear un fondo de cooperación covid-19 consensuado co sector.

Este novoPlan terá unhas características similares ao que se puxo en marcha a finais de ano, aínda que simplificaranse os requisitos para que o acceso ás axudas sexa aínda mais áxil e  doado. As novas axudas estarán dimensionadas e orientadas a cubrir as necesidades dos sectores máis afectados polas restricións segundo as previsións da evolución da pandemia previstas pola autoridade sanitaria.

Gabriel Alén, manifestou  que “dada situación actual da pandemia é prioritario agora evitar perigosas interaccións sociais que afecten á saúde dos galegos e galegas, pero mantemos firme o noso compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis se resenten nesta pandemia”.

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense reúnese con representantes da hostalería