jueves 15/4/21

A Deputación destinará máis de 20 M de € para reactivación da provincia

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe unha modificación de crédito que permite -froito da boa xestión económica da institución que acadou 44 millóns de euros de remanente de tesourería en 2020- destinar fondos á cooperación cos concellos cara á recuperación económica

Pleno_marzo_2021_2
Pleno_marzo_2021_

O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de marzo, celebrado por vía telemática, aprobou hoxe destinar á provincia máis de 20 millóns de euros (20.676.885 €), unha inxección económica que terá nos concellos os principais destinatarios para a reactivación económica na etapa poscovid. A boa xestión económica da institución no pasado exercicio de 2020 –cun remanente de tesourería de 44 millóns de euros- permite levar a cabo este investimento que terá como protagonistas aos gobernos locais da provincia de Ourense, con importantes achegas nos ámbitos da cooperación cos concellos, acción social, deportes, desenvolvemento empresarial e comercial e cultura.

No expediente de modificación de créditos, a maior cantidade vai destinada á cooperación cos municipios: ao redor de 8,5 millóns de euros que teñen como beneficiarios a 76 concellos, máis a entidade local menor de Berán, para desenvolver proxectos en infraestruturas viarias, deportivas ou culturais, áreas empresariais, emprego no rural, servizos a dependentes e maiores, eficiencia enerxética, ou iniciativas na prevención de incendios forestais, entre outros. Neste ámbito de cooperación tamén se destinan outros 300.000 euros para seis mancomunidades de municipios.

Videoconferencia da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ó mes de marzo de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º);Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).O apartado de colaboración institucional é outro dos puntos fortes desta modificación de créditos, en particular coa Xunta de Galicia. Así, a Deputación de Ourense achegará 1,5 millóns de euros para o Centro Galego de Innovación da FP; 790.000 euros -o 1 % do orzamento total da Deputación-, para o fondo conxunto de apoio á hostalería; 150.000 euros para o bono turístico; 450.000 euros no marco do convenio asinado coa consellería de Medio Rural para a adquisición de maquinaria destinada á prevención e loita contra os incendios forestais; e outros 53.000 euros para os plans de emerxencia por seca.

O documento económico aprobado hoxe inclúe achegas de 133.000 euros para fomento do deporte; 478.000 euros para acción social; máis de 680.000 euros para cultura; 750.000 euros para desenvolvemento empresarial e promoción comercial; 53.000 euros para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, ou 169.000 para termalismo.

Por outra banda, a corporación provincial tamén deu o visto bo a unha addenda do convenio coa Xunta de Galicia en materia de emerxencias e prevención de incendios, cunha achega de 224.000 euros que implica a creación de dous novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) na provincia: A Veiga e Maceda, pechando así o mapa provincial de emerxencias cun total de 8 grupos e o servizo supramunicipal de Terras de Celanova. A Deputación de Ourense contribuirá ao financiamento dos GES con 1.062.666 euros.

Tamén aprobou o pleno: unha ampliación do prazo de inscrición nos programas de cooperación cos concellos para a limpeza das marxes viarias, mocidade e empregabilidade; a adhesión da Deputación á Asociación Urbs Regia e ao seu proxecto de Itinerario Cultural Europeo "Orígenes de Europa"; instar ao Goberno central a axilizar as obras de reparación e reapertura do túnel do Folgoso da autovía A-52, e unha moción relativa á loita contra as especies invasoras no territorio ourensán.