A Deputación de Ourense aproba as bases para a concesión de axudas para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense

0 Fachada Deputacin OU
A Deputación de Ourense aproba as bases para a concesión de axudas para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense

Aprobou tamén a reapertura da convocatoria do concurso para a concesión de axudas para o fomento das actividades escénicas e musicais para o ano 2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe as bases do concurso para a concesión de axudas para gastos de investimento de asociacións veciñais de Ourense correspondentes ao ano 2019. Así o informou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen deu conta hoxe dos acordos adoptados pola dita Xunta, correspondentes ao luns 13 de maio de 2019.

As bases deste concurso recollen que poden ser beneficiarias destas axudas as asociacións veciñais cuxos fins sexan a defensa dos dereitos e intereses dos veciños dun determinado ámbito territorial, que estean inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense e teñan o seu domicilio social na provincia de Ourense.

A dispoñibilidade orzamentaria para estas axudas ascende aos 100.000 euros. As asociacións interesadas en participar nesta convocatoria teñen de prazo para presentar as súas solicitudes a partir da publicación destas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións ata o día 28 de xuño de 2019.

Actividades escénicas e musicais

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou tamén a reapertura da convocatoria do concurso para a concesión de axudas para o fomento das actividades escénicas e musicais para o ano 2019.