martes 14.07.2020

A Deputación de Ourense súmase a distintas iniciativas deportivas para conmemorar o Día da Muller

Luz Doporto participou na presentación do primeiro partido benéfico de fútbol feminino que se disputará o vindeiro 8 de marzo e que destinará o recadado á asociación Pequenos Superheroes

Luz Doporto na presentación do primeiro partido benéfico de fútbol feminino polo Día da Muller
Luz Doporto na presentación do primeiro partido benéfico de fútbol feminino polo Día da Muller

A Deputación de Ourense súmase a distintas iniciativas deportivas para conmemorar o Día da Muller. A deputada provincial do Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego, Luz Doporto, participou hoxe, na sede do Club Rosalía, na presentación do primeiro partido benéfico de fútbol feminino que se disputará o vindeiro 8 de marzo, e que destinará o recadado para a asociación Pequenos Superheroes que este ano axudará a Rafa, un pequeno superheroe ourensán que sofre Miopatía Tubular, unha enfermidade rara da que se coñecen desde a asociación 12 casos en España.

O evento deportivo celebrarase, ás 10.00 horas, no campo de fútbol Miguel Ángel (pavillón dos Remedios) e as entradas están á venta nos grupos municipais da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense, e na sede social E.F.F. Rosalía.

Mañá xoves, 27 de febreiro, no Salón de Plenos do Concello de Ourense, a deputada provincial participará tamén na presentación da Carreira do Día da Muller que se desenvolverá baixo o lema “Libre para correr”, unha iniciativa á que se suma a Deputación de Ourense.

A Deputación de Ourense súmase a distintas iniciativas deportivas para conmemorar o Día...