Desaloxado esta tarde o CMUS de Xinzo

Momento da chegada dos bombeiros
Desaloxado esta tarde o CMUS de Xinzo
Por un SIMULACRO de incendio na sala de caldeiras

Pasadas as seis da tarde o alumnado que se encontraba en clases no CMUS de Xinzo tivo que abandoar o centro acompañados de todo o profesorado, como práctica dun SIMULACRO de incendio.

20221107_181450
Todo o alumnado na praza Carlos Casares, mentres a intervención dos bombeiros

A esa hora chegaban a praza Carlos Casares a policía local para controlar o tráfico na zona ata a chegada dos bombeiros.

Todo o alumnado xa estaba no exterior do centro na praza a esperas da intervención dos bombeiros.

Bombeiros entrando no centro

Este simulacro plantéxase, despois da realización do curso de formación “Plan de emerxencias e primeiros auxilios” organizado polo Concello de Xinzo e impartido por Quirónprevención, ó cal asistiron os profesores do Conservatorio en xornada de mañá, o Xoves 27 de Outubro. Para a realización deste simulacro, modificáronse horarios na tarde de hoxe para garantir a presenza da maior parte do alumnado así como convidamos ó alumnado que hoxe non ten clase, xa que é unha actividade que consideramos moi importante realizar, para poder valorar as instalación, a nosa reacción e preparación ante unha emerxencia.