Despois de 60 anos...

Muebles JM Tejada
Despois de 60 anos...

Apagáronse definitivamente as luces dun establecemento que formou parte da historia comercial, non solo de Xinzo, se non da comarca e ata máis ala da fronteira.

Os descendentes directos da familia dos Tejada, que durante 60 anos formaron parte do tecido comercial da vila e da comarca, anunciaron esta noite que baixan definitivamente as súas persianas.

A última responsable de manter o negocio aberto estes últimos anos “Toton”, nas súas redes sociais queren agradecer a todos os clientes, a todos os traballadores que pasaron polos distintos negocios que tiveron, pero sobre todo a Oscar, Jose y Carlos, que sabendo perfectamente a situación dos últimos anos, quixeron manterse fieis a empresa que os viu nacer e estar, aínda sen cobrar os últimos meses, ao pe do mostrador, intentando manter con vida o negocio.

Remata o comunicado de “Toton” que “É unha decisión tomada con moita dor de corazón, pero como todo nesta vida ten un principio e un fin e agora toca outra nova etapa...