jueves 09.07.2020

Día histórico para Ourense: O "Gaiteiro da Catedral" inicia a súa homenaxe ás vítimas da covid-19

Todos os días do ano tocará dende a torre da Catedral de Ourense
Bieito Romero en la torre de la Catedral interpretando el Himno de Ourense
Bieito Romero en la torre de la Catedral interpretando el Himno de Ourense

Manuel Baltar colocando la capa del __Gaiteiro de la Catedral__a Bieito Romero

Exactamente ás 11.30 horas (momento que simboliza a data en que a OMS declarou oficialmente a pandemia, o pasado 11 de marzo), o músico Bieito Romero, líder e membro fundador de Luar na Lubre, interpretou desde a torre da catedral de Ourense o himno oficial da provincia, Ourense non solpor. "Foi un momento máxico que non esquecerei en toda a miña vida", expresou o músico logo de interpretar o himno, sendo o primeiro gaiteiro que inicia este acto que perdurará no tempo,"contando para iso con gaiteiros e gaiteiras de diferentes agrupacións folclóricas que converterán ao " Gaiteiro da Catedral" nun símbolo que pon en valor a solidariedade, a música, a tradición e a cultura, desde un monumento único como a catedral de Ourense", destacou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen agradeceu ao bispo da diocese de Ourense, Leonardo Lemos, e ao deán da catedral, José Pérez Domínguez, "toda a colaboración para facer realidade esta iniciativa, o que significa un exemplo de cooperación".

DENDE HOXE ÁS 11:30 E DURANTE 364 DÍAS

Bieito Romero en la torre de la CatedralEran as once e vinte. Dez minutos máis tarde, tras o repenicar das campás anunciando as 11.30 horas, o " Gaiteiro da Catedral" apareceu na balconada da torre e desde alí interpretou a melodía que, desde hoxe e durante os 365 días do ano, soará puntualmente a esa hora, simbolizando os valores de Ourense, a concordia e a solidariedade. Pergamiño Esta homenaxe ás vítimas do COVID-19 e ao persoal esencial durante a pandemia continuará desde hoxe coa participación de gaiteiros e gaiteiras de diferentes colectivos e agrupacións folclóricas. Do mesmo xeito que hoxe Bieito Romero, todos recibirán un pergamiño acreditativo asinado polo presidente da Deputación de Ourense, cuxo texto fai referencia ao carácter perpetuo do acto, facendo constar ademais que a provincia de Ourense rende esta homenaxe "á concordia dos pobos do mundo, o mellor sentimento que alberga a convivencia humana, lembrando a solidariedade que nos une fronte á pandemia do coronavirus COVID-19". Entre as autoridades e representacións presentes no acto de hoxe, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, destacou a emotividade da celebración, "que ten tamén como obxectivo homenaxear ás persoas que estiveron dedicadas a unha atención directa ás vítimas da pandemia, o cal significa un sinal de agradecemento cara a todas elas, tributado desde Ourense, algo que o noso pobo ourensán fai, neste caso, a través da música, difundindo cultura por todo o mundo".