A diabetes a estudo nun novo curso da escola de saude da Limia

diabetes
A diabetes a estudo nun novo curso da escola de saude da Limia

O 50% dos diabeticos non saben que o son

A Organización Mundial da Saúde (OMS) considera que o 50% das persoas que teñen diabetes están sen diagnosticar.

Segundo a Fundación para a diabetes, unha diabetes sen diagnosticar, e por ende non tratada adecuadamente, pode producir graves complicacións para o corpo, como poden ser insuficenza de ril, problemas na vista, cegueira, sufrir amputacións entre outras.

E por isto que a Asociación Escola Rural de saúde da Limia organiza o martes 16 e o xoves 18 sendos talleres para informar destas cuestión relacionadas neste caso da deabetes.

Conchita Bande Rguez, enfermeira educadora en diabetes do CHOU. Ana Belén Ayuso, paciente experta e Elisa Cadaya DUE do centro de saúde de Vilaza, serán as encargadas de impartir estes curso, ós que hai que anotarse con anterioridade para poder asistir.