O director de seguridade da embaixada de Filipinas en España imparte un seminario en Xinzo

laaa
O director de seguridade da embaixada de Filipinas en España imparte un seminario en Xinzo

O adestramento deste profesional das artes marciais terá lugar no centro de actividades Fusión

O Guru Lawrence Oleriana visita o centro de actividades Fusión para impartir un seminario. Durante catro horas os participantes asistirán a un adestramento de defensa con arma branca, entre outras modalidades. As clases son abertas a todo mundo que queira, non é preciso ter experiencia en artes marciais.

bla

Lawrence Oleriana traballa como formador en materia de Seguridade Privada e Protección de Persoas. As súas especialidades son manexo de armas brancas, defensa persoal e policial e xestión de emerxencias , entre outras moitas.
O seminario terá lugar este sábado día 5 en Fusión, na rúa Rosalía de Castro en Xinzo de Limia.

O centro de actividades Fusión ter por diante un mes de marzo repleto de actividades a maiores das ofertadas na súa sede. Tamén para este sábado día 5 participan na organización dunha carreira de obstáculos en Allariz. A cita deportiva dará comezo a partir das 15.30h e por diante os corredores atoparanse con 12 km e 28 obstáculos.

As competicións deportivas súmanselle ós actos benéficos nos que participan os alumnos e alumnas do centro. Recentemente o grupo independente de capoeira asistiu a un acto a favor da Asociación Compostelá da Esclerose Múltiple. Alí fixeron unha mostra da súa arte xunto con outros grupos de baile de diferentes zonas de Galicia.

capo