viernes 03.07.2020

Problemas coa ubicación dos postos na feira do 13

Os vendedores desconfían de que pode ser unha medida definitiva.

Se non reciben garantías do contrario por parte da alcaldía, NON  acudirán a primeira feira do día 13, sábado

feira 27 agosto (1)
feira 27 agosto (1)

Todo depende do resultado da reunión que dentro de menos de unha hora manterá a alcaldesa Elvira Lama cunha comisión dos vendedores que habitualmente acoden as feiras de Xinzo con téxtil e calzado.

Todo xurde polos asentamentos dos postos. Segundo xa publicou dendealimia, nesta ocasión os postos destes produtos irán ao longo da rúa parella ao parque do Toural.

Estes postos temen que esta asentamento sexa definitiva, polo que van a presentar un escrito ás 17:00 de hoxe 10 de xuño, para que a alcaldía se comprometa que en canto esta situación desapareza, os postos voltarán aos seus lugares de sempre.

De non ser así a asociación dos vendedores plantexaranse non asistir a feira do 13.

IMG-20200610-WA0006

Documento que presentarán a alcaldía de Xinzo