A distinción no 2022 para a SECCIÓN ANTELA da Sociedade Galega de Historia Natural

Padroado do Museo da Limia (23.10.22
A distinción no 2022 para a SECCIÓN ANTELA da Sociedade Galega de Historia Natural

Na Limia é necesario harmonizar un desenvolvemento económico sostible coa conservación dos valores ambientais que hai nela.

A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos), a proposta do seu Consello Asesor, na xunzanza celebrada onte, sábado día 22 de outubro, acordou concederlle o PREMIO PEDRA ALTA 2022, na súa V edición á Sociedade Galega de Historia Natural, sección Antela.

O xurado valorou os valores das mulleres e homes que están a traballar dentro da organización da Sección Antela da SGHN, que o Consello Asesor do Museo considera que debe ser merecedor do recoñecemento co premio Pedra Alta do ano 2022 na súa 5ª edición.