O domingo 10 comezan as celebracións da Semana Santa en Xinzo

Cartel semana santa Xinzo
O domingo 10 comezan as celebracións da Semana Santa en Xinzo

Ás 12:00 Bendición dos ramos no adro da igrexa vella

Parece que as cousas camiñan cada día máis cara a normalidade, ao igual que o fan as celebracións da Semana Santa en Xinzo.

O primeiro gran acto será o domingo ás 12:00, hora de costume, coa Bendición dos ramos no adro da igrexa Vella, para procesionar logo ata igrexa Nova para celebración da Santa Misa.

XOVES - VENRES e SÁBADO

Este ano aínda despois do dito do camiño a normalidade solo se farán dúas procesións.

O xoves sobre ás 21:00 sairá a procesión de Xesús no Orto precedida polo lavatorio de pes.

O venres sairá ás 22:00 a procesión do Santo Enterro polas principais rúas do pobo, acompañados polos fieis e poñendo a música a Agrupación Musical da Limia.

O sábado ás 12:00 haberá un viacrucis parroquial e ás 22:00 unha Vixilia Pascual