sábado 31/10/20

Domingo de baile na praza de San Roque de Xinzo

baile

    A academia de baile Danzón organiza unha xornada de exhibición na praza de San Roque. O domingo 27 dende as 16h haberá demostración de baile.

As 19h dará comezo un taller de Kizomba impartido polo profesor Nuno Moreira de Portugal. A primeira hora é para iniciados e ás 20.30h dará comezo unha clase para intermedios.

Dende Danzón queren convidar a tódalas persoas que lle guste o baile que se acheguen ata a praza para participar nestas actividades que son todas de balde.

Comentarios