viernes 03.07.2020

Dous veciños da Limia investigados por dous incendios involuntarios

Un é veciño de Xinzo e outro de Lobios

Dous veciños da Limia investigados por dous incendios involuntarios

O primeiro deles é  R. L de 41 anos de idade veciño de Xinzo

 A Garda Civil de Verin tomou declaración en calidade de investigado ao súbdito marroquí R. L de 41 anos de idade veciño de Xinzo como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia nunha roza ocorrida o dia 22 de xuño en Campobecerros (Castrelo do Val) onde resultaron afectadas 1.8 ha de monte arborizado.

J. F. S de 81 anos veciño de Lobios

O Seprona de Ourense tomou declaración en calidade de investigado a J. F. S de 81 anos veciño de Lobios como presunto autor delito incendio forestal por imprudencia ocorrido o dia 20 de xuño en San Miguel lobios e q afectou a 0.1 ha de monte raso