lunes 10/8/20

A DXT pon en marcha o lúns , unha nova campaña de control de velocidade en vías convencionais e urbanas de Galicia

O obxectivo é concienciar aos condutores da estreita relación entre velocidade e sinistralidade

79
79

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) iniciará o vindeiro luns día 22 unha campaña especial de control de velocidade que incidirá nas estradas convencionais e nas vías urbanas. Esta iniciativa forma parte da programación anual da DXT e desenvolverase durante toda a semana, ata o domingo día 28 de agosto incluído. Para a súa realización utilizarase o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles.  Así mesmo, sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.

A campaña estará coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico e os xefes dos subsectores da Garda Civil nas catro provincias. Tamén se convidou aos concellos para sumarse á mesma.

78En todo o territorio da DXT permanece unificado o limiar da tolerancia co que actúan os radares: de 7 km/h para límites ata 100 km/h e do 7% para límites superiores, de maneira que o condutor coñecerá exactamente a velocidade a partir da cal calquera radar denunciará.

TOLERANCIA DOS RADARES SEGUNDO A LIMITACIÓN

Limitación de velocidade (xenérica ou específica)

                30           40           50           60           70           80           90           100         110         120

Velocidade de activación do cinemómetro      

                38           48           58           68           78           88           98           109         120         130

Comentarios